Apple, dende Coruña axudando a Apple | VHVirtuaL Creative Web Solutions

 

 

Víctor Hugo Campos traballando na súa empresa da Calle Real en Coruña

 

O pasado venres día 13 podería ser un verdadeiro pesadelo para a compañía multimillonaria da mazá mordida de non ser pola axuda de Víctor Hugo Campos, natural de Carballo (A Coruña), xa que detectou que un dos enlaces de compra da páxina dun dos produtos da estrela da compañía americana, o novo MacBook Pro, tiña un erro e mostraba “páxina non atopada” e, polo tanto, non se podía mercar. Hai que recordar que por un tempo, os novos lanzamentos de Apple só se poden mercar no seu sitio web oficial

 

Isto supuñia a posible perda de miles e quizais millóns de euros.
“Decateime de cal debería ser a ligazón correcta e simulei a modificación para posteriormente tweetalo ao CEO de Apple, Tim Cook”
Un vídeo ca explicación:

Parte 2

O día despois de detectar o primeiro erro, non contento con eso, fixen unha auditoría global de erros no dominio e subdominios de apple.com
Se me din, sería difícil crer. Dous días despois dun grave erro de compra, outro erro de seguridade?

Ter unha ligazón cun erro de certificado SSL, o que significa que é unha área non segura para que os usuarios ingresen os datos.

Un vídeo explicativo

 

 

O que se debería haber feito , para que se poidera entrar nese contido é, ou ben instalar correctamente o certificado SSL ou ben, inda que non recomendable, poñer o link hacia un sitio non seguro (con http en vez de https)

Esto sería o que tería que mostrar o navegador.

 

Este erro aínda non foi reportado a Apple e segue estando presente.

É unha gran conquista para un galego dunha modesta axencia resolver dous erros tan importantes na compañía tecnolóxica coa maior capitalización do mundo.